Thursday 09 de May de 2024

Avistamento de estrelas fugaces, este venres no miradoiro de couso en Aguiño


O miradoiro de Couso en Aguiño vai ser escenario este venres día 12 de agosto dunha actividade moi especial.

Organizada pola asociación astronómica Cielobarbanza e o Concello de Riveira, os interesados poderán disfrutar de “Perseidas 2016”, na que poderán dunha noite de avistamento de estrelas fugaces. Os asistentes poderán observar a través de telescopios outros corpos celestes como a lúa ou os planentas Saturno e Marte, entre outros.

A actividade dará comezo ás 22 horas e contará tamén cunha charla explicativa dos astrónomos de Cielobarbanza.